SoluZión Enerxética co Club Ciclista Vigo-Rías Baixas

Novembro 16, 2021

SoluZión Enerxética únese á lista de patrocinadores da estrutura presidida por José Luis Chamorro.

Trátase do primeiro reforzo para o seu novo proxecto, o da tempada 2022. O acordo entre o equipo que acaba de proclamarse vencedor do Ránking estatal Elite da Real Federación Española de Ciclismo e SoluZión Enerxética rubricouse nun cordial encontro entre José Luis Chamorro e os máximos responsables da empresa con sede en Moaña. A este acto tamén asistiu Benjamí Prades, xefe de filas do persoal do Vigo-Rías Baixas e actual campión de España Elite.

© Soluzión Enerxética.
Todos os dereitos reservados. Deseñado por Diego Seixo.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.    Configurar/+ información
Privacidad